Subvencións para a rehabilitación da Xunta de Galicia
A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, dentro da súa iniciativa de manter informada á cidadanía das novas relacionadas coa Rehabilitación de inmobles no noso Casco Histórico, lles presenta a continuación unha síntese das axudas anunciadas pola Xunta de Galicia para REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NO RURAL, EN CASCOS HISTÓRICOS E NO CAMIÑO DE SANTIAGO.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) 23/3/2011 publica o decreto polo que se regulan as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas; rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago.
Este decreto cumpre dúas funcións primordiais:
- A unificación nun único texto de toda a normativa legal que rexía as rehabilitacións no medio rural e nos conxuntos históricos galegos.
- A simplificación dos trámites burocráticos, que facilitarán as actuacións dos propietios das vivendas a rehabilitar.
A anterior normativa, que regulaba a Cédula de Rehabilitación de Calidade que o presente decreto derroga, establecía un procedemento administrativo complexo e lento que desincentivaba aos propietarios das vivendas de acometer a súa rehabilitación. O sistema que agora queda derrogado chegaba incluso a esixir aos propietarios das vivendas a realización de obras que non tiñan previstas como condición indispensable para a concesión das axudas, o que en moitos casos incrementaba de maneira notable os orzamentos da rehabilitación, impedindo a execución da mesma en moitos casos en que os propietarios das vivendas non dispoñían dos fondos ou o financiamento necesario para facer fronte a ese incremento do custe.
O decreto aprobado hoxe elimina determinadas esixencias na tramitación das axudas por estar xa acreditadas a través doutras administracións, como é a través das licenzas municipais, simplifícanse os trámites para a obtención da calificación das actuacións e regúlase a posibilidade de modificar as obras aprobadas, en función dos imprevistos xurdidos durante a execución das mesmas e incluso de reducir as obras inicialmente previstas cando a situación económica do solicitante o aconselle, reducindo proporcionalmente a subvención pero sen que por isto se perda o dereito a axuda sobre a parte de obra executada.
Deste xeito flexibilízase o procedemento permitindo adaptar as obras aos imprevistos aos que sempre están expostas as actuacións de rehabilitación, facilitando as actuación dos propietarios das mesmas e mantendo as garantías do boa uso dos fondos públicos.
Co obxectivo de que os recursos públicos se empreguen efectivamente naquelo ao que están destinados, limitase a posibilidade ampliación das vivendas con axudas públicas, de maneira que a superficie útil das vivendas rehabilitadas que se amplíen será a superficie máxima das vivendas protexidas, que está fixada en 140 metros cadrados. Desta maneira garántese o dereito á rehabilitación e á ampliación das vivendas co obxectivo de garantir aos moradores o disfrute dunha vivenda digna, pero evitase subvencionar actuacións que van mais aló da rehabilitación ou a creación de espazos destinados a usos diferentes aos da vivenda cuxo financiamento non debe correr por conta da administración pública. Se a superficie inicial da vivenda é superior aos 140 metros cadrados contarase con axudas para a rehabilitación, pero non para a súa ampliación.
Requisitos
Para acceder ás axudas para rehabilitación que establece o decreto é preciso que tanto as vivendas coma os propietarios das mesmas cumpran unha serie de requisitos, basicamente os seguintes:
- As vivendas deberán ter unha antigüidade mínima de 10, 15 ou 40 anos:
· 10 anos no caso de axudas para remate de fachadas
· 15 anos para rehabilitación de edificios ou vivendas
· 40 anos para reconstrución de edificios ou vivendas
- Acreditar a residencia do propietario no inmoble salvo que as obras se realicen coa finalidade de arrendar a vivenda. Nese caso haberá que presentar o contrato de alugueiro por un período mínimo de cinco anos.
- A vivenda dedicarse a residencia habitual e permanente do propietario durante o prazo como mínimo, de 5 anos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de cualificación definitiva. No caso de vivendas parta aluguer deberán estar alugadas durante un mínimo de cinco anos.
- No caso de galegos residente no exterior da comunidade autónoma, e que non destinen as vivendas a alugueiro, deberán residir na vivenda rehabilitada ou reconstruída durante polo menos 15 días ao ano, tal como establece a Lei de Vivenda de 2008.
- Ingresos familiares ponderados máximos:
· 3,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) cando se trate de actuacións no ámbito rural
· 6,5 veces o IPREM, cando se trate de actuacións para uso propio nos ámbitos históricos e dos Camiños de Santiago
· No caso de vivendas para alugueiro, os inquilinos non poderán superar 4,5 veces o IPREM
Remate de fachadas e cubertas
Incluiranse nesta categoría as actuacións que contemplan a execución das obras de remate en edificacións cuxos paramentos de fachada ou cubertas non se remataron no momento da construción do edificio, polo que actualmente presentan como único acabado de fachada ou de cuberta, materiais que non foron deseñados para quedar vistos e que deturpan a imaxe exterior da edificación e do contorno no que esta se empraza.
Para poder acceder ás axudas deberá acreditarse que a vivenda foi habitada durante un período mínimo de cinco anos. Desta maneira evitase que as axudas se destinen a vivendas que aínda se atopan en construción, como pasaba co decreto de 2006.
As axudas para o remate de fachadas obrigan a deixar rematado o exterior da vivenda, rematando tódalas fachadas da mesma e colocando lousa, tella ou outro material de cuberta no tellado da mesma. Tamén será obrigatorio rematar as fachadas de tódalas construcións anexas, propiedade da mesma persoa e que se atopen a menos de 15 metros da vivenda.
Rehabilitación de edificios e vivendas
As actuacións de rehabilitación son as que, dentro dos límites da primitiva vivenda, teñen como obxectivo:
- Mellorar as condicións estruturais e de seguridade do edificio e a vivenda.
- Mellorar as condicións de accesibilidade.
- Mellorar as condicións construtivas, funcionais ou de habitabilidade.
- Remodelación de vivendas, mediante obras que teñan por obxecto a variación da distribución interior para adecuala ás necesidades das persoas usuarias ou mellorar as condicións relativas aos requisitos básicos do Código Técnico da Edificación.
- A remodelación de edificios, entendendo por tal aquela que teña por obxecto a variación dos límites das vivendas, a modificación do número de vivendas existentes no edificio ou a adaptación ao uso de vivenda de espazos que orixinalmente non tiñan dito uso.
- A mellora da eficiencia enerxética da vivenda, do edificio ou das súas instalacións.
- A ampliación da superficie útil da vivenda mediante a incorporación de espazos que, incluídos dentro dos límites da edificación existente non tiveran o uso da vivenda cando se trate de satisfacer as necesidades de persoas con problemas de mobilidade ou maiores de 65 anos, se busque adaptar a vivenda ás necesidades dos seus moradores ou se busque a protección e posta en valor do patrimonio construído.
Non se considera rehabilitación o baleirado das vivendas, a eliminación ou substitución da estrutura horizontal das plantas habitables do edificio que afecten a mais do 20 por cento da superficie da vivenda ou edificio sobre o que se actúa e as actuacións de amoblamento ou de acabados interiores que non estean ligadas a outras obras de rehabilitación.
Reconstrución de edificios ou vivendas
O decreto define como reconstrución de edificios ou vivendas as que teñen por obxecto recuperar para o uso, en condicións semellantes a unha obra nova, as vivendas ou edificios existentes cando se cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que as obras impliquen a eliminación, substitución ou nova execución de, polo menos, un 20 por cento da estrutura horizontal da planta das vivendas ou edificios sobre os que se actúa.
- Que teñan por obxecto a ampliación dunha vivenda unifamiliar fóra dos límites da edificación primitiva e ditas obras sexan necesarias por algunha destas razóns:
· Dotar á vivenda de condicións axeitadas de habitabilidade
· Resolver os problemas de accesibilidade das persoas moradoras na vivenda.
· Dar cumprimento ás esixencias da normativa urbanística.
· Por requirimentos da normativa de protección do patrimonio ou para poñer en valor o patrimonio arquitectónico.
· Ser preciso incrementar a superficie útil da vivenda para satisfacer as necesidades das persoas moradoras nela, sempre que a superficie útil final da vivenda non supere os 140 metros cadrados
Os edificios ou vivendas a reconstruír deberán contar como mínimo con todas as fachadas da edificación primitiva.
Axudas
As axudas consistirán en subvencións a fondo perdido do 50 por cento do orzamento protexido, co límite de 6.600 euros no caso de obras de remate de fachada e rehabilitación e 8.600 euros na modalidade de reconstrución de edificios e vivendas.
As axudas serán convocadas a través dunha orde que se publicará proximamente no Diario Oficial de Galicia, na que se regulará o prazo de solicitude das mesmas e o importe máximo que se destinará en 2011 a cada unha das modalidades.
Información
Para máis información diríxanse á Oficina de Rehabilitación do Concello na Praza da Constitución, onde informarán puntualmente da situación na que se encontran estas e outras subvencións.
Podedes descargar toda a información completa neste enlace:

Sexa vostede o primeiro en comentar
Publicar un comentario