Resultados da enquisa sobre o estado do Casco Histórico de Betanzos
Dita enquisa, con carácter anónimo, realizouse na nosa cidade entre os meses de xullo e Agosto do 2009
A participación cidadá foi elevada, con 688 enquisados.
A totalidade dos enquisados resaltan a importancia do CH para Betanzos e a necesidade de implicarse políticos e cidadanía para recuperar o seu rico patrimonio histórico artístico, dando unha imaxe atractiva e competitiva da que se beneficien residente e visitantes, e conseguir que sexa unha referencia dun turismo cultural emerxente e o motor económico da comarca.
Os resultados xerais puxeron de manifesto que os aspectos peor valorados na enquisa foron: o estado en xeral do CH, pavimentación, mal estado das vivendas, déficit de zonas verdes e equipamentos socioculturais, escaseza de aparcadoiro
As tres accións prioritarias máis importantes son: a rehabilitación das vivendas, implicación da cidadanía e subvencións para rehabilitar o CH
No apartado de suxestións destacar que os cidadáns desexan a rehabilitación, buscando un CH vivo, considerando positivo un debate coa cidadanía, para definir o tipo de casco que desexan
A recuperación do CH é unha obrigación para propietarios e institucións públicas, pois é o mellor legado histórico-cultural que lles podemos deixar ás nosas futuras xeracións.
|
| EDICIÓN RESUMIDA Utilizando o mesmo sistema, podes baixarte unha edición resumida da enquisa, que pode resultar máis práctica para imprimir ou ver os resultados máis significativos. |
O espazo onde está aloxada a enquisa é gratuíto, e polo tanto nalgún momento pode deixar de funcionar. Si isto pasase podes enviar un correo pedindo a enquisa a correo@betanzoshistorico.com e con moito gusto cha enviarermos. |
Os resultados da enquisa, foron presentadosn polo presidente da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, Antonio Asensi e vicepresidente David Martínez, nunha rolda de prensa que tivo lugar no recentemente restaurado edificio "Matadoiro", este mesmo mércores 24 de febreiro.
1 Comentario:
Todo é relativo pero unha cousa feita hai catro anos xa non é "recentemente". Siguen insistiendo en facer a rosca á Faraldo co do Matadoiro: o edificio do Matadoiro leva rehabilitado 4 longos anos nos que por catro cousiñas pendentes a Faraldo o tivo pechado impedindo o seu uso
hay que ser un pouco máis rigurosos
Publicar un comentario