viernes, 28 de enero de 2011

Últimos días da campaña de recollida de firmas “Polo Plan Integral”

Recollida de firmas da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos     O vindeiro domingo, dia 30 finaliza a campaña de recollida de firmas iniciada pola Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, esixindo a urxente realización e execución dun plan integral de rehabilitación para o Casco, debidamente acordado por parte de todas as forzas políticas coa finalidade de que Betanzos, e en especial o seu Casco Histórico sexa un referente de vida, turístico e motor da economía comarcal.
     Con tal motivo membros da directiva desta Asociación, amigos e simpatizantes, recollerán, na praza García Irmáns ás 13 horas, a firma de todas aquelas persoas interesadas que aínda non o fixesen, constituíndo o último dos actos previstos para esta campaña.
O acto será amenizado polo grupo musical betanceiro Qando Vand
A Asociación Amigos do Casco Histórico dá as grazas a todas aquelas persoas que colaboraron coa campaña, e en xeral a todos os betanceiros e simpatizantes que estes días nos trasladaron o seu apoio e suxestións, e comprométese a en os inmediatos días seguintes a dar información pública sobre o alcance da mesma.

Sexa vostede o primeiro en comentar

Publicar un comentario