Entregadas as firmas “Polo plan integral” do Casco Histórico betanceiro
Hoxe venres 11 de Febreiro a Asociación Amigos do Casco Histórico (CH) de Betanzos fixo entrega de 3555 firmas de cidadáns no rexistro do Concello de Betanzos , apoiando a urxente elaboración e execución dun Plan Integral de rehabilitación para o Casco Histórico, acordado pola totalidade das forzas políticas, co fin de superar a grave deterioración que vén sufrindo nos últimos anos e conseguir que sexa un referente de vida, turístico e motor económico comarcal.
A Asociación quere agradecer á cidadanía as mostras de apoio e ilusión transmitidas cara ao CH durante a campaña, desenvolvida entre o 31 de Decembro do 2010 e 31 de Xaneiro do 2011.
1 Comentario:
Noraboa!!
Publicar un comentario