Conclusións da reunión de tráfico
REUNIÓN CON SOCIOS, VECIÑOS E COMERCIANTES
TEMA : Circulación no Casco Histórico
Con
motivo das tomas de contacto que se produciron entre o Concello, veciños e
comerciantes, para tratar o tema da circulación e aparcamento no Casco
Histórico, procedemos a unha reunión da Asociación de Amigos do Casco Histórico
con socios, veciños e comerciantes para consensuar e fixar unha serie de
puntos, e trasladalos na reuniónque será fixada nos vindeiros días ó Concello sendo aprobados na asamblea de
hoxe.
Establécense
catro puntos básicos nesta reunión, onde de acordan unha serie de subapartados
dentro de cada un dos puntos básicos que se tratan:
1.
Tráfico rodado no Casco Histórico:
1.1 Trátase e coméntase e necesidade de apertura ó
tráfico durante un horario que sexa establecido.
1.2 Proponse limitar a velocidade no Casco Histórico e
limitar o aparcamento en zonas concretas.
2.
Aparcamento de residentes no Casco Histórico:
2.1 Proponse crear zonas de aparcamento concretas para
residentes, en lugares onde non se obstaculice a peatons e residentes e ,ó
mesmo tempo, permita o acceso dalgún vehículo que tivese que pasar por ditas
zonas.
2.2 Proponse establecer unha cor para residentes, de
forma que quede perfectamente marcado e delimitado. De igual forma, coméntase a
posibilidade de conceder algún tipo de identificación para coches de
residentes.
3.3 Proponse establecer un horario nocturno de
aparcamento para residentes.
3. Aparcamento para clientes do comercio do Casco
Histórico:
3.1 Proponse crear zonas de “parada expres”,
delimitando e marcando ditas
zonas (cunha cor distinta á dos residentes) e ó mesmo tempo, ideando un
posible sistema de control de ditas zonas que consistiría no seguinte:
- Fixar nalgún lugar da Porta da Vila unha maquiniña
expendedora de “tickets-tempo” , que limite o tempo de parada coa
obrigatoriedade de deixar á vista dito ticket no coche e que o tempo
establecido sexa un tempo acordado e igual para todos.
3.2 Proponse realizar señalización de aparcamentos
gratuitos alternativos de forma inequívoca e fiable ( incluso tempo en minutos,
por exeplo: zona de a Ribeira: 5 min., O Carregal: 8 min…etc..)
3.3 Proponse que se produzca flexibilidade no horario
de carga e descarga no Casco Histórico.
4. Liñas
vermellas:
4.1 Proponse manter libre de aparcamento determinadas
prazas do Casco Histórico, en honra e a favor do noso Casco Histórico, como por
exemplo a praza de Fernán Pérez de
Andrade e a Praza da Constitución.
4.2 Intentar regular a peatonalización durante as
fins de semana, para un disfrute dos paseos, visitas, etc.. no noso Casco
Histórico, e por tanto, do disfrute do noso patrimonio histórico-artístico.
Conclúese con dous puntos, que non
deixan de ser menos importantes:
A.
Servizos eclesiásticos:
A1. Enterros-Funerais:
Limitar o aparcamento de vehículos nas prazas ó coche
fúnebre e á familia máis próxima ó
difunto (supoñamos un número aproximado de seis ou oito coches
aproximadamente). Consensúase ser
totalmente comprensible e flexible cun asunto de total respeto a unha
circunstancia de falecemento.
A2. Vodas, bautizos, etc..:
Limitar considerablemente o acceso de vehículos.
Neste tipo de ceremonias, non se considera necesario o acceso de vehículos,
salvo posibles excepcións de persoas con deficiencias ou limitacións de
mobilidade.
Acórdase pedir e esixir RESPONSABILIDADE e boas
formas á Policía Local nas súas actuacións, e que non realicen, nas
súas actividades, excesos de poder pola posición que ocupan.
Sexa vostede o primeiro en comentar
Publicar un comentario