jueves, 25 de abril de 2013

Contactos co Concello de Betanzos. Tema: Circulación no Casco Histórico.

Dende a Asociación de Amigos do Casco Histórico, continuando coa sensibilización das necesidades existentes no Casco Histórico, mantivemos unha reunión co Concello o martes día 23 do presente mes de Abril, co propósito de trasladar á alcaldía as conclusións obtidas da xuntaza que mantivemos con socios, veciños e comerciantes da zona antiga o día 11 de Abril de 2013, na cal tratamos o tema da circulación na zona monumental.


Ademáis de comentar ditas conclusións, fixemos entrega ó Concello do borrador da reunión que mantivemos o día 11 de Abril, coa finalidade de que queden por escrito no Concello, ditas propostas que se fan dende a Asociación.

Polo tanto, agora, estamos pendentes dunha comunicación por parte do goberno municipal dunha proposta, que esperamos que non teña moita demora.

Sexa vostede o primeiro en comentar

Publicar un comentario