As Raíñas e damas das Festas saen polo Casco.
Asociación de Amigos do Casco Histórico de Betanzos ten o pracer de invitarvos a todos vos a un percorrido pola historia e a memoria das festas patronais do noso pobo a través dos traxes de Raíñas e Damas lucidos ó longo dos últimos 60 anos.
Os vestidos poderán verse nos escaparates dos locais valeiros do Casco Histórico que se atopan na Rúa do Castro e Rúa Travesa.
Se fuches dama ou Raíña das Festas e queres colaborar connosco envíanos un correo a correo@betanzoshistorico.com ou unha mensaxe privada a través do noso facebook.
Copitec dixital cos carteis, os comercios do Casco cos maniquís, os propietarios dos locais e moitas betanceiras xa colaboran, e ti?
2 Comentarios:
MUY BUENAS INICIATIVAS. ENHORABUENA A TOD@S
Por que hai que rescatar esta ranciada da época franquista fóra da súa época habitual? Non nos chega con ver a decadencia do Casco Vello todo o ano que aínda por riba acentuádela con "isto"?
Publicar un comentario