martes, 21 de mayo de 2013

Inauguración do albergue de Peregrinos "Casa da Pescadería"

A pasada semana, tivemos esa tan ansiada noticia que tanto estabamos a reclamar: A inauguración do albergue de peregrinos da Casa da Pescadería.



A Asociación de Amigos do Casco Histórico celebra dita apertura, despois de aproveitar a reunión que se produciu co Concello para tratar o tema da circulación no Casco Histórico, para consultar  a situación do albergue, onde tamén se reclamou que se insistise dende o Concello na apertura do mesmo, pois como xa se comentou noutra noticia anterior, dita apertura era moi necesaria para darlle un impulso á nosa zona antiga.

A pesar de alegrarnos esta noticia, non podemos olvidar os enormes retrasos que se produciron no camiño e que deixaban excépticos a moitos, acerca da apertura ou non da mencionada Casa da Pescadería.
Por iso, desexamos que a partir de agora, en futuras actuacións se trate de cumprir cos obxetivos e prazos anunciados para non xerar mais incertidume.

Podemos considerar que nestos momentos, temos colocada unha primeira pedra. 

Agora, temos que seguir na liña da recuperación e dinamización da nosa zona monumental e pouco a pouco poñela en valor e tratar de conseguir que se converta nun verdadeiro referente, non só a nivel comarcal, senón provincial e tamén autonómico. 
Temos moito camiño por percorrer.




Sexa vostede o primeiro en comentar

Publicar un comentario