Dende onte xa se atopan distribuídos por diferentes locais do casco histórico os buzóns da asociación, nos que se poderán realizar suxerencias, ou depositar as enquisas sobre o estado do casco histórico. Como sabedes dende a nosa presentación, os buzóns están creados por Luís Galán, deseñador gráfico betanceiro autor do logotipo da Asociación. Agardamos que todos os que non a cubristes durante a Feira Medieval poidades facelo ao longo das próximas semanas e opinar sobre os temas fundamentais relacionados coa revitalización do Casco Histórico, para desta forma colaborar con nós.
Sexa vostede o primeiro en comentar
Publicar un comentario