Por fin revelouse a sorpresa que tiña agochada a Asociación Amigos do Casco Historico de Betanzos para a Feira Franca Medieval: “O Xogo do Tiruriru dos Mareantes de Betanzos”. | A Asociación estará presente nunha caseta informativa para darse a coñecer aos cidadáns e visitantes da Feira. No posto poderánse realizar suxerencias, depositándoas nun dos buzóns creados por Luís Galán, deseñador gráfico betanceiro autor do logotipo da Asociación e dos carteis da Feira Franca Medieval. | | | O segredo descubriuse o xoves 9 de xullo no adro da igrexa de Santa María durante a presentación ante a prensa das actividades que vai realiza-la Asociación durante a fin de semana festiva | | Os xornalistas foron convocados no adro da Igrexa de Santa María de Azouge | | Ademais dos representantes da prensa escrita tamén asistiu á presentación un equipo do Taller Audiovisual de Betanzos | Tamén se preparou unha enquisa que quere recoller as opinións dos cidadáns sobre temas fundamentais relacionados coa revitalización do Casco Histórico, e que igualmente se depositará nos buzóns de suxerencias rotulados cun provocador: … e a ti qué che importa! | A enquisa podédela descargar nun pdf en galego ou castelán premendo nos enlaces de abaixo, imprimila, cubrila e depositala nos buzóns. | | Pero a estrela da fin de semana será a posibilidade de xogar ao “Xogo do Tiruriru dos Mareantes de Betanzos”. A orixe do xogo está na danza gremial de Mareantes, que representa o espírito da Asociación. Os danzantes deixan de lado as súas diferenzas (desafíos) e únense para loitar contra o mal representado polo “Gamachiño”. Agora, esta danza adquire forma de xogo de mesa como vehículo para percorrer os recunchos da historia máis representativa da cidade e activar a conciencia cidadá. Comezando na Praza dos Irmáns García Naveira, o percorrido do xogo discurre por distintos lugares do centro histórico representados nas casillas; poderemos visitar igrexas, rúas e pontes y en outras casillas teremos que pagar impostos, pasar turno no calabozo ou vérmonos co “Gamachiño”. Como contrapunto podemos visitar algún dos postos colaboradores e disfrutar dos productos que nos ofrecen | Luis Galán posando no seu estudio coa maqueta do xogo "O tiruriru" | Aquirindo o “Xogo do Tiruriru” colabórase e compártense as inquedanzas dun grupo de cidadáns que queren situa-lo Casco Histórico de Betanzos no lugar que se merece. Aínda que presentado na Feira Franca Medieval, o xogo estará dispoñible todo o ano e, ó igual que as enquisas e buzóns, pretende ser un soporte de comunicación e información da Asociación, xunto co blog: www.betanzoshistorico.com. En Betanzos, xullo de 2009 | |
3 Comentarios:
góstame moitísimo veros traballar por Betanzos por que ademais penso que o estades facendo moi ben. Se o sabedes levar como o hai que levar o da enquisa é unha gran idea
Luis Galán... LO MÄXIMO!!!!!
Hai días que o dicía aquí mesmo, e o tempo veume a dar a razón...
A desidia e o descoido dos responsables da Feira Franca Medieval de Betanzos, volveuse a ver sen dúbida nesta última edición da festa.
Pero de onde sacaron a este Conde de Andrade?...
Eu recomendaríalle aos organizadores que se desen unha volta polas sacrosantas sepulturas da Igrexa de San Francisco de Betanzos e dixésenme cantas das persoas alí enterradas nestes túmulos están representadas de pantalóns, brocados ao estilo Luís XV, ou botas de "rechúpame la punta"...
Se o personaxe central desta historia que se intenta representar como número de arranque e situación histórica da nosa Feira Franca vai vestido dun xeito tan inapropiado, poden facerse vostedes unha idea dos despropósitos históricos que tivemos que ver a continuación...
Pero onde vai o noso Conde de Andrade?
O de sempre digo eu....
Que non o facía nada mal...
Non este "usurpador" que nin sequera sabíase o papel e que no acto de arranque da feira dirixíase continua e vergonzosamente por megafonía ao suposto organizador do evento en términos como: Basoa "que ven agora..."
Cero patatero para a organización que parece que vive de rendas e que como é unha festa asentada a Feira Franca de Betanzos "aguanta de todo".
Remendos....
Improvisación...
Por este camiño imos mal...
Eu a este conde non lle volvo a votar....
Eu non lle renovaría o contrato de conde....
Publicar un comentario