En contra do anunciado, o albergue de peregrinos de Betanzos non se inaugurará este ano xacobeo
![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao xoves 5 de agosto de 2010 |
![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao xoves 5 de agosto de 2010 |
![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao xoves 5 de agosto de 2010 |
Publicado por betanzoshistorico en 15:24 0 comentarios
Etiquetas: actividades, Asociación, eventos, motos clásicas, prensa
Artigos Relacionados:A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos organiza a
I CONCENTRACIÓN DE MOTOS CLÁSICAS CIDADE DE BETANZOS
A concentración terá lugar o vindeiro sábado 28 de agosto na praza da Constitución de Betanzos en horario aproximado de 9,30 h. a 14,30 h.
Para participar na concentración será necesario realizar unha preinscrición a través do formulario que podedes cubrir directamenta a través desta páxina.
A preincripción tamén poderá realizarse chamando aos seguintes teléfonos:
620 082 498 (Gabriel) - 686 715 020 (Alberto)
E para calquera dúbida ou información podedes dirixirvos á dirección de correo electrónico:
clasicasbetanzos@gmail.com
A inscrición é gratuíta, e poderase realizar ese mesmo día na praza da Constitución, en horario de 9:30 h. a 11:00 h. ante a mesa da organización que se habilitará ao efecto onde se fará entrega da documentación a cada participante
As motos permanecerán en exposición das 11 h. ás 14:30 h.
A partir das 12 h. os participantes e acompañantes que o desexen poderán realizar en grupos organizados unha visita guiada á Fundación CIEC (Centro Intenacional de Estampa Contemporánea), para o que se entregarán as correspondentes acreditacións no momento da inscrición.
RUTA URBANA POLO CASCO HISTÓRICO
A partir das 13:00 h. terá lugar unha ruta urbana polas principais rúas do casco histórico betanceiro, que terá a súa saída desde a Praza da Constitución escoltados por membros da Policía Municipal.
Para participar nesta ruta será necesario ter a documentación da moto en regra.
ENTREGA DE PREMIOS
Ao finalizar esta ruta, que volverá ao seu punto de orixe, terá lugar a entrega de premios e recordos aos participantes, para o que a organización nomeará un xurado de expertos coñecedores do mundo da moto.
Tras a entrega de premios serviranse uns pinchos a participantes e acompañantes, co que se rematará esta I Concentración de Motos Clásicas en Betanzos.
Publicado por betanzoshistorico en 13:02 0 comentarios
Etiquetas: actividades, Asociación, carteis, eventos, festas, motos clásicas
Artigos Relacionados:![]() | Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao domingo 1 de agosto de 2010 |
Publicado por betanzoshistorico en 15:32 0 comentarios
Etiquetas: actividades, Asociación, prensa
Artigos Relacionados:
Publicado por betanzoshistorico en 15:02 0 comentarios
Etiquetas: actividades, Asociación, fotos
Artigos Relacionados: A primeira delas será a visita guiada "Tras la Huella Indiana" que se realizará o sábado 31 de xullo, sobre un itinerario no que se visitarán as principais obras que constitúen todavía hoxe, o legado dos Irmáns García Naveira.
Fará de "guía" nesta visita, o Cronista Oficial da Cidade de Betanzos Don José Raimundo Núñez-Varela e Lendoiro.
A visita guiada iniciarase ás 11 horas na praza betanceira do Peirao
A segunda actividade é o concerto de jazz "Juan Carlos Casal Jazz Trío" que se celebrará na praza da Constitución de Betanzos o vindeiro venres 6 de agosto ás 22 horas.
A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos tamén ten previsto realizar o sábado 28 de agosto a "1ª Concentración de Motos Clásicas Cidade de Betanzos" onde ademais de agasallos e obsequios para os participantes, está prevista unha visita ao Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC) e unha ruta polas principais rúas do noso casco histórico.
Publicado por betanzoshistorico en 16:27 0 comentarios
Etiquetas: actividades, Asociación, eventos
Artigos Relacionados:A fonte da noticia é a propia páxina oficial da Xunta de Galicia
Para a rehabilitación rural destinaranse 2.580.000 euros
A rehabilitación en conxuntos históricos contará cun orzamento de 2.400.000 euros
Para optar ás axudas será necesario dispoñer da cédula de rehabilitación de calidade ou da conformidade ás actuacións propostas para a obtención da cédula
Santiago, 19 de xullo de 2010.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) destinará un total de 4,98 millóns de euros a subvencionar obras de rehabilitación en vivendas emprazadas no medio rural e en conxuntos históricos, tal como establece a resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).
As axudas para rehabilitación de vivendas no medio rural acadarán un total de 2.580.000 euros, distribuídas da seguinte maneira entre as catro provincias galegas: A Coruña 464.400 euros, Lugo 903.000 euros, Ourense 696.600 euros e Pontevedra 516.000 euros.
Polo que respecta ás axudas para rehabilitación de vivendas en conxuntos históricos, o importe total de axudas será de 2.400.000 euros, co seguinte reparto: A Coruña 797.000 euros, Lugo 805.000 euros, Ourense 441.000 euros e Pontevedra 357.000 euros.
Tanto en rehabilitación rural como en conxuntos históricos, as vivendas para as que se solicite a axuda deberán estar en posesión da cédula de rehabilitación o da resolución de conformidade ás actuacións propostas para a obtención de dita cédula, sempre que o prazo de remate de ditas obras que figure na resolución de conformidade no supere o 31 de decembro de 2010.
O importe das axudas será do 50 por cento do orzamento que figure na resolución de conformidade, cun límite máximo de 6.600 euros cando se trata de actuacións de rehabilitación e de 8.600 euros cando sexan actuacións de renovación, que inclúen traballos máis profundos que a rehabilitación.
O importe desta subvención, sumado ao de outras que poidan ser compatibles, non poderá superar o 75 por cento do orzamento protexible. Asemade, o importe total das axudas obtidas para o mesmo fin, sexan subvencións, axudas, ingresos ou recursos de calquera tipo, non poderá superar o custo total da actividade subvencionada,
Todas aquelas persoas que desexen acceder ás subvencións para rehabilitación rural, ademais de dispoñer da cédula de rehabilitación ou da resolución de conformidade antes indicadas, é necesario que os ingresos dos solicitantes non superen 3,5 veces o Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (Iprem).
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, contado a partir de mañá.
Publicado por betanzoshistorico en 12:57 0 comentarios
Etiquetas: axudas, referencias
Artigos Relacionados:Un grupo de cidadáns preocupados polo progresivo deterioro do casco histórico de Betanzos, tanto no estado ruinoso de boa parte dos seus edificios como polo seu declive como espazo económico e residencial.
Un grupo de cidadáns a quen só move o interese cívico e que estamos decididos a actuar para deter este proceso e que o casco histórico volva a ser un lugar dinámico e agradable no que vivir, e poda ser legado con orgullo ás vindeiras xeracións.