miércoles, 30 de septiembre de 2009

Rexeitada a expropiación da Casa Gótica e da torre de Lanzós

Rexeitada a expropiación da Casa Gótica e da torre de Lanzós

Unha vez máis o casco histórico volveu á sesión plenaria de Betanzos e unha vez máis, as catro forzas políticas mostraron a súa diverxencia nun dos asuntos capitais para a histórica localidade. Solicitouse reconverter a Casa Gótica e a torre de Lanzós en edificios museísticos e a creación do Museo do Camiño Inglés.

DSC_0153 

casa gotica

O xornal "La Voz de Galicia" o recolle na edición do 30 de septembro de 2009

Rechazada expropiación Casa Gótica

Preme na imaxe para ver a noticia ampliada

martes, 1 de septiembre de 2009

La directiva se reunió con la alcadesa y el edil de urbanismo

Amigos do Casco Histórico expone a Faraldo el "ansia vecinal" por la zona


O xornal "El Ideal Gallego" o recolle na súa edición de hoxe martes 1 de setembro de 2009


El Ideal Gallego, martes 1 de setembro de 2009

Preme na imaxe para ver a noticia ampliada


 

sábado, 29 de agosto de 2009

Entrevista de presentación da directiva da Asociación Amigos do Casco Histórico coa Alcaldesa de Betanzos

    Na tarde do pasado xoves 27 de agosto tivo lugar unha entrevista de presentación dos membros da recentemente elixida directiva da Asociación Amigos do Casco Histórico, coa Alcaldesa de Betanzos Dona María Faraldo.
Entrevista coa AlcaldesaÁ reunión, que tivo lugar nas dependencias destinadas á Alcaldía no Edificio Liceo, tamén asistiu o concelleiro delegado de urbanismo, tráfico e seguridade cidadá José Luís Santos Cobelo e por parte da Asociación ademais do seu presidente Antonio Asensi, o vicepresidente David Martínez e a secretaria Mercedes Rosende.
    Ao longo desta primeira toma de contacto os directivos da Asociación trasladaron ás máximas autoridades locais o interese e preocupación de gran parte dos veciños pola mellora do estado actual do noso Casco Histórico, e intercambiáronse ideas e opinións sobre o mellor xeito de conseguir este obxectivo que todos compartimos.

martes, 25 de agosto de 2009

Galería de fotos da procesión de San Roque e Santa María nas festas de Betanzos

    Como vén sucedendo ano tras ano desde tempo inmemorial, moi probablemente desde o mesmo 1416, en que a cidade de Betanzos ofreceuse ao seu santo patrono San Roque, outra vez os betanceiros sacaron as súas máis veneradas imaxes á rúa para en solemne procesión percorrer o Betanzos máis antigo.
    O santo peregrino, e a nosa copatrona a Virxe de Belén, Santa María do Azougue, "a gareliña", camiñaron xuntos da Igrexa de Santa María á de Santo Domingo, percorrido habitual dos últimos anos, a tarde do 15 de agosto, aos ombreiros dos mareantes e con escolta dun pelotón de soldados do antigo Rexemento de Betanzos, acompañados tamén de autoridades, veciños, devotos, músicos, curiosos e turistas, ofrecendo un cadro de devoción e plasticidade que só se repite unha vez ao ano.

    Premendo na imaxe, ou a continuación no enlace de texto, podedes ver unha galería de fotos da procesión de San Roque e Santa María correspondente a este ano 2009, e da actuación das Danzas de Mariñeiros que realizou a continuación na Praza do Campo, o Grupo de Danzas Gremiais de Betanzos “Xóvenes do Pobo”.


Os autores das fotos son Antonio Asensi, José Manuel G. Casal e Eduardo Vázquez.


Para ver as fotos a pantalla completa acordarvos de pulsar a tecla F11

 

sábado, 22 de agosto de 2009

O “Tiruriru” un enxeñoso agasallo institucional

INGENIOSO REGALO INSTITUCIONAL

FAMILIA ADQUIERE CIEN "TIRURIRUS"


O xornal "El Ideal Gallego" o recolle na súa edición de hoxe sábado 22 de agosto de 2009


Preme na imaxe para ver a noticia ampliada


 

viernes, 21 de agosto de 2009

O Xogo do Tiruriru, novo agasallo institucional da Concellería de Muller Infancia e Familia

 

    A concellería de Muller Infancia e Familia do concello de Betanzos, dirixida por María de la Esperanza Sánchez Varela, do grupo municipal Cidadáns por Betanzos (CxB), adquiriu por medio da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, 100 xogos do "Tiruriru", deseño de Luís Galán, o mesmo xogo que esta Asociación, presentou e promocionou en Betanzos con motivo da Feira Franca Medieval.


    O acto que congregou a numerosos xornalistas, tivo lugar diante da Casa do Concello de Betanzos, en pleno Casco Histórico, na praza da Constitución, hoxe venres 21 de agosto, e a entrega dos xogos foi realizada polo vicepresidente da Asociación, David Martínez Máquez, e a secretaria Mercedes Rosende Gabín, e segundo declarou a propia concelleira o seu primeiro destino será o de servir de premio nos diferentes xogos e concursos infantís que se realizan nestes días con motivo das festas patronais, aínda que tamén usaranse como agasallo institucional desta concellería tanto a betanceiros como a visitantes.


    No remate do acto, a concelleira e os membros da Asociación presentes no mesmo, alabaron o deseño do xogo que co tema de fondo das Danzas de Mariñeiros de Betanzos, propón un percorrido por diferentes lugares do noso Casco Histórico, e intercambiaron nun clima de cordialidade ideas e opinións sobre a súa mellor promoción, asentado así as bases para futuras colaboracións.


    A casualidade quixo que o primeiro en recibir o xogo de mans da concelleira fose un neno catalán que naquel momento visitaba o noso Casco Histórico na compañía da súa familia.
Hincha do Barça de toda a vida, confesounos estar encantado co xogo e a partir de agora imaxinámolo na súa casa de Reus saltado de mareante en mareante, e tendo moito coidadiño de non caer no temido "gamachiño".


A maqueta de gran tamaño do xogo de Luís Galán, usada na presentación, foi obxecto da curiosidade de numerosos turistas que naquel momento paseaban pola zona


miércoles, 19 de agosto de 2009

Os Mómaros de Betanzos

 

Polo menos unha vez ao ano, pero sempre nas festas de San Roque, os mómaros e cabezudos, membros desta peculiar familia de Betanzos de toda a vida, saen á rúa e pasean o noso Casco Histórico para facer as ledicias de nenos e maiores, e ofrecer ademais, a través dos ollos do experto fotógrafo, instantáneas tan bonitas como estas.

 



As fotografías son de José Manuel G. Casal e podédelas ampliar premendo nas imaxes