“A ASOCIACIÓN AMIGOS DO CASCO HISTÓRICO ARRANCA COA SÚA PRIMEIRA XUNTA DIRECTIVA”
Tal e como vos informáramos, no serán do 30 de xuño de 2009 tivo lugar a primeira Asemblea Xeral de Socios da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, no que constitúe o seu arranque oficial coa aprobación da súa primeira Xunta Directiva. |
A orde do día arrincou coa presentación, por parte da Xunta Xestora, das accións realizadas ata ese momento pola Asociación. Neste punto destacaron a presentación do logotipo da Asociación, deseñado por Luís Galán, e a presentación da páxina web, www.betanzoshistorico.com posta en marcha por Eduardo Vázquez e Roberto Leiro. Esta páxina nace como un foro onde, ademais de colgar información referente á asociación, informarase das actividades, noticias e eventos que teñan relación directa ou indirecta co Casco Histórico de Betanzos. Neste sentido invítase á participación da cidadanía, deixando comentarios ás noticias, ou remitindo suxestións vía e-mail a correo@betanzoshistorico.com |
|
O segundo punto do día, a presentación da proposta de Xunta Directiva, foi aprobada por unanimidade. Así, esta primeira Xunta Directiva queda constituída polos seguintes membros: Antonio Asensi, presidente, David Martínez, vicepresidente, Mercedes Rosende, secretaria, Patricia Teijeiro, tesorera, e os vocales, José Manuel García, Mari Carmen García, Maria do Carmen Porto, Xaquín López e Segundo Jorge. |
|
Antonio Asensi | David Martínez |
| A continuación presentáronse as actividades que vai realizar a Asociación a curto prazo. Destaca a presenza da Asociación na Feira Franca Medieval, cun posto de carácter informativo sobre a Asociación e co obxectivo de darse a coñecer a un público máis amplo. No posto da Feira Medieval, insistindo na procura de participación dos cidadáns, vanse a estrear uns buzóns de suxestións, rotulados con deseño de Luís Galán, presentándose durante a asemblea un modelo dos mesmos. Estes pretenden ser unha vía de comunicación e de presentación de propostas á Asociación, complementaria á páxina web e correo electrónico. Outra das actividades é a elaboración dunha enquisa entre a poboación que reside, visita ou goza do Casco Histórico, co obxectivo de evaluar unha orde de prioridades que sexa representativo dos intereses e inquietudes dos cidadáns. Do mesmo xeito que os buzóns, a enquisa comezará durante a Feira Medieval. Ademais, a Asociación reservouse unha sorpresa para presentar na Feira, invitando aos socios a visitar a caseta. Este punto do día concluíu coa intención de presentar a Asociación ao goberno municipal e a todos os partidos políticos con representación no Concello, durante as próximas semanas. |
|
A Asemblea, á que asistiron un total de 45 socios con dereito a voto, finalizou cos agradecimientos a entidades colaboradoras e a aquelas persoas que arrimaron o ombreiro durante o arranque dun proxecto que pretende ilusionar á cidadanía coa pretensión de volver poñer en valor o noso Casco Histórico. |
7 Comentarios:
Enhorabuena, por fin se ha hecho realidad!!!
Mucho ánimo...
Muchas gracias...
Mucha suerte...
muy bueno el blog, hace mucho que hacia falta esta asociación
alguien tiene el programa de la feria medieval de este año???????????
Por fin algo se mueve para defender las viejas y venerables piedras de Betanzos. Yo también me apunto.
É MOI IMPORTANTE O QUE ESTADES A FACER. FACIA FALLA QUE ALGUEN SE PREOCUPASE POLO NOSO CASCO HISTÓRICO. O BLOG ESTÁ MOI BEN FEITO. MOITO ÁNIMO E MEUS PARABENS.
pois mira que non vos queda chollo que facer nin nada. Pero hai que recoñecer que empezades ben. Vémonos na medieval.
Publicar un comentario