- O Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández, garantiu onte á alcaldesa, María Faraldo, a adquisición de casas para reformar e propor para o aluguer ou a venda protexida para mozos e terceira idade. - No mes de maio, nun encontro entre Faraldo e Feijóo, encargouse de lembrar ao líder conservador as responsabilidades contraídas en campaña electoral. - Nunha entrevista que tivo lugar en Santiago, o conselleiro reiterou á rexedora a intención do seu departamento de executar un plan, que arrincaría en 2010 e desenvolveríase en varias fases, de adquisición e recuperación de edificios, até completar como obxectivo entre 12 ou 15 inmobles. |
Sexa vostede o primeiro en comentar
Publicar un comentario