Parte dun edificio do Casco Histórico derrúbase en pleno día sobre a rúa Sombrereiros
Tal e como era previsible hoxe venres 22 de xaneiro e aoredor das 11 horas da mañá, unha das casas en estado de ruína do noso Casco Histórico derrubouse parcialmente sobre a rúa Sombrereiros.
Se temos en conta a hora do suceso, e que a rúa en cuestión estaba nese momento aberta ao tránsito de persoas, todos os betanceiros temos que estar contentos de que nestes momentos non teñamos que lamentar ningunha desgraza persoal.
A casa en cuestión é o número 19 da rúa da Cerca, que fai esquina á rúa Sombrereiros e o derrube produciuse precisamente na fachada que dá a esta última rúa.
A pesar de que o forte andamio que cubría esta fachada actuou como amortiguador dos cascallos, estes chegaron a golpear a fachada da casa de enfronte, habitada en todos os seus pisos por unha coñecida familia betanceira, que aínda non logra reporse do susto.
O edificio forma parte do conxunto ruinoso da calle da Cerca, onde tamén se atopa a Casa Gótica, e que desde hai tempo é obxecto de numerosas protestas dos veciños en diversos medios de comunicación.
As dúas rúas en cuestión, Cerca e Sombrereiros, quedaron xa a media mañá de hoxe pechadas ao tráfico de persoas e vehículos coas conseguintes molestias para todos os veciños
Este edificio, en estado ruinoso xa hai moito tempo, e do que se desprenderon cascotes en varias ocasións, xa fora motivo do peche temporal da rúa da Cerca, e formaba parte da lista de edificios que a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos notificara por escrito ao Concello polo seu perigo para os veciños.
Sexa vostede o primeiro en comentar
Publicar un comentario