viernes, 26 de febrero de 2010

Onte celebrouse a Asamblea Xeral Ordinaria de Socios da Asociación Amigos do Casco Histórico

     Onte, 25 de febreiro, celebrouse a asamblea xeral ordinaria de Socios da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, co obxecto de informar, primordialmente, sobre as actuacións levadas a cabo no último ano e presentar ante todos os resultados da enquisa sobre o Casco Histórico.

asamblea_1 

     A relación das actividades realizadas dende a última asamblea (xuño de 2009) estruturouse en actividades administrativas, culturáis, informativas e institucionáis. No eido cultural destacaron diversas iniciativas como foron a elaboración do “xogo do Tiruriru” e a conseguinte difusión entre asociacións, escolares, medios e concello. Recordouse o éxito da visita guiada organizada pola Asociación e o precedente que sentou de cara a este Ano Santo e se aproveitou o foro para anunciar o acordo de colaboración coa ONG “Imagen en Acción” para realizar unha reportaxe fotográfica sobre o noso Casco.

     En relación coas actividades informativas falouse da confección e reparto de información sobre as subvencións anunciadas e se aproveitou a ocasión para recordar que o prazo para a súa solicitude está aberto ata fináis de marzo. A continuación explicouse en profundidade o proceso de elaboración das notificacións sobre os edificios en riesgo para a cidadanía mencionando que estamos á espera de recibir información do concello sobre a situación desas notificacións. Neste punto aproveitouse para lembrar que estes escritos foron enviados, despóis da súa entrega ao concello, a tódolos grupos políticos con representación municipal.

asamblea_3 

     O punto sobresaínte da asamblea foi a presentación da enquisa aos asociados entregando un exemplar do documento resumen a cada un dos presentes. Lembrando a participación elevada, con 688 enquisados, sobresaen na enquisa a necesidade de concienciación e implicación cidadá e a rehabilitación das vivendas xunto coa información sobre axudas, como os tres aspectos máis prioritarios. Quedou patente a unanimidade dos consultados sobre a importancia máxima do Casco Histórico para Betanzos e a urxencia de recuperar o seu rico patrimonio histórico artístico e conseguir que sexa unha referencia dun turismo cultural emerxente e o motor económico da comarca.

     Xa nas actividades previstas para o futuro vindeiro, a Asociación esbozou unhas liñas de actuación que seguen as iniciadas nos ámbitos da difusión, información e reclamación, facendo fincapé na idea de abrir novas vías de participación cidadá.

asamblea_2

     No animado turno de rogos e preguntas quedou reflexo patente da importancia de promocionar o noso Casco Histórico facendo partícipes del a tódolos Betanceiros e veciños da comarca, seguros que do renacer do noso Casco seremos beneficiarios todos…sen ningunha duda.

En Betanzos, febreiro de 2010.

image

Sexa vostede o primeiro en comentar

Publicar un comentario