martes, 30 de marzo de 2010

"Lave os pés antes de entrar no casco..."

FOTODENUNCIA

     E de coña,  reformas e máis reformas e que deixen auténticas POZAS xusto no paso  de peóns por donde mais xente pasa. Da a sensación  de que feito adrede.
     Digo eu que non e tan dificil de ver nin  de subsanar (Ao mellor para os politicos e unha barbaridade de traballo.. jeje)

poza_01
poza_02

Foto e comentario recibidos en correo@betanzoshistorico.com con rogo de publicación.

lunes, 29 de marzo de 2010

Os colectores de lixo como elemento ornamental

FOTODENUNCIA

    Parece mentira pero non é.  Domingo 28 de marzo,  domingo de Ramos,son as 6,30 do serán  o Campo, os Soportais, a Porta da VIla chea de xente....  a imaxe non ten "desperdicio"

Colectores de lixo en Betanzos o Domingo de Ramos

Foto y comentario recibidos en correo@betanzoshistorico.com con ruego de publicación.

A Fundación CIEC, axente dinamizador do noso casco histórico

 

     A Fundación CIEC, Centro Internacional de Estampa Contemporánea, e unha fundación privada creada en 1997, froito do esforzo e tesón do artista Jesús Núñez, có obxectivo de promocionar e difundir as artes plásticas en xeral e a arte gráfica en particular.

     Pola súa actividade converteuse hoxe en día nun dos principales axentes dinamizadores do noso casco histórico.

Recorte do  xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao luns 29 de marzo de 2010
 

Recorte do  xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao luns 29 de marzo de 2010

jueves, 11 de marzo de 2010

O misterio da Casa Gótica

“O caso do inverosímil escamoteo da casa máis antiga de Betanzos caeu nunha dilatoria espiral xudicial sen final á vista”

     Baixo esta formulación inicial, aparece no exemplar de marzo de "BETANZOS e a súa comarca" un extenso artigo de opinión onde Xulio Rozados, este amante de Betanzos onde os haxa, tenta penetrarnos, coa prosa socarrona que o caracteriza, nos "misterios" actuais, que rodean á polo de agora “desaparecida” casa dos Vilousaz.

O misterio da Casa Gótica - Xulio Rozados

Picando na imaxe podédela ver ampliada, ou ben facéndoo neste texto descargarvos o exemplar completo directamente desde a páxina dos comerciantes de Betanzos onde aparece o artigo na súa páxina 31.

miércoles, 10 de marzo de 2010

“BETANZOS e a súa comarca” da conta da celebración da nosa Asemblea Xeral de Socios

"BETANZOS e a súa comarca", máis coñecido por "O períódico de Betanzos", ou "O xornal dos comerciantes", dá conta no seu número correspondente a este mes de marzo de 2010, da celebración e dos pricipales acordos tomados na nosa recentemente celebrada "Asemblea Xeral de Socios".

___________________________________________

“Amigos do casco histórico” propón en Asamblea as novas liñas de acción para este ano

O colectivo presentou as iniciativas levadas a cabo dende a súa creación e novas propostas de actuación

REDACCIÓN / Betanzos

     A Asociación “Amigos do Casco Histórico” debatíu en Asamblea as diferentes liñas de acción que o colectivo levará adiante ao longo do ano. Tras realizar un balance das actividades promovidas dende a súa creación, presentaron aos seus asociados os resultados das enquisas realizadas durante os meses de xullo e agosto pasado así como as diferentes xestións realizadas durante estes primeiros meses de andaina do colectivo.
     Xuntanzas coa Alcaldesa e con concelleiros do Grupo de Goberno e dos restantes grupos políticos, unha campaña de información sobre as axudas para rehabilitación, accións promocionais en diferentes eventos e a presentación de propostas de actuación para promover unha rehabilitación integral do casco son algúns dos aspectos máis salientables da súa labor ata o momento.

     O Presidente do colectivo, Antonio Asensi, salientou a importancia de conseguir a implicación non so das administracións e dos políticos, senón sobre todo, da cidadanía á hora de coidar e rehabilitar a zona monumental da cidade. “A responsabilidade última da conservación do casco e das súas edificacións é dos propietarios”, dixo, “a xente ten que ter conciencia e consciencia neste sentido. O casco histórico está enfermo pero ten tratamento”.

     O xornal  "Betanzos e a súa comarca" recolle no  seu número correspondente ao mes de marzo de 2010, varias novas relacionadas coa actividade de Amigos do Casco Histórico

Recorte de "Betanzos e a súa comarca" correspondente a marzo de 2010




Se pinchas nesta outra imaxe do lado, poderás baixarte nun arquivo pdf. o número correspondente a este mes de marzo de 2010 do xornal “Betanzos e a súa Comarca”, directamente de:

http://www.comerciodebetanzos.com

páxina  da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos (ACEBE)

comerciantes_marzo10

martes, 9 de marzo de 2010

A retirada de cascotes dun inmoble ruinoso na Cruz Verde, permitirá abrir o paso que une Ánxeles con Cruz Verde ata agora oficialmente pechado.

Recorte do  xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao martes 9 de marzo de 2010

Recorte do  xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao martes 9 de marzo de 2010

lunes, 8 de marzo de 2010

Rexeneración contra a ruína

     Baixo este suxestivo título, “La Voz de Galicia” de hoxe, publica unha extensa reportaxe de Xesús Fraga, sobre os antecedentes e estado actual do Casco Histórico brigantino.

Recorte do  xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao luns 8 de marzo de 2010.

Recorte do  xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao luns 8 de marzo de 2010.

Un diamante sin pulir

    Dentro da ampla reportaxe e baixo o título de "Un diamante sin pulír", recóllese un artigo de opinión de Bego Méndez e David Martínez, ambos arquitectos pertencentes ao estudo BMDM, (http://www.bmdmarquitectos.blogspot.com/) radicado no noso casco histórico, e persoas moi activas dentro da Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, da cal David Martínez é vicepresidente.

Recorte do  xornal “La Voz de Galicia” correspondente ao luns 8 de marzo de 2010 

miércoles, 3 de marzo de 2010

A nova ordenación do tráfico provoca o descontento de veciños das rúas Cañota, Ánxeles e Cruz Verde

     Blancolexítimo recolle non seu “outeiro”, o descontento dunha boa parte dos veciños das rúas dos Ánxeles e Cruz Verde, que debido á nova, e polo visto definitiva, ordenación do tráfico derivada das obras que estanse a facer na zona dos soportais, teñen que acceder ás súas vivendas a partir de agora pola Fonte de Unta.

     O asunto, que xa dou lugar a unha manifestación de veciños e apareceu reiteradamente na prensa, o fundamenta cun vídeo ilustrativo colgado na rede onde pode verse o percorrido que tiveron que facer os residentes desta zona nun día en que debido a estar esta rúa tamén en obras, para máis desgraza e paciencia si cabe, tiveron que desviarse na Fonte de Unta, pola rúa das Monxas, paseo da Tolerancia e rúa do Pozo, para a través da Cañota, acceder a plazoleta dos Ánxeles, e continuar ainda camiño os que iban para a Cruz Verde.

   

martes, 2 de marzo de 2010

A ONG “Imagen en Acción” colabora na potenciación do noso casco histórico.

     “Imagen en Acción”, é unha organización non gobernamental, apartidista e aconfesional, que nace co fin principal de porse ao servizo doutras ONG e colectivos sociais que traballan no campo da sensibilización, a acción social e a cooperación internacional ofrecendo a cobertura fotográfica de eventos, actividades e proxectos. Desta forma, coa axuda do material gráfico achegado por IEA, preténdese que o papel que estas organizacións exercen na sociedade sexa máis visible e teña un maior impacto.

     Como sabedes a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, subscribiu un acordo de colaboración con “Imagen en Acción” para obter a súa axuda na mellor potenciación do noso casco histórico.

     Como primeiro froito deste acordo de colaboración, un equipo desta Asociación desprazouse a Betanzos, e entrevistou ao noso presidente Antonio Asensi.

     A entrevista, adornada cunhas estupendas fotos do noso casco histórico, aparece na súa revista “Objetivo Solidario” correspondente ao mes de febreiro.

Revista Objetivo Solidario nº 04 – Enero 2010

Para poder ler a revista haz click co  rato enriba da imaxe e selecciona “ver en la pantalla completa”

A entrevista con Antonio Asensi aparece aparece na páxina 9 e seguintes da revista

 

Os veciños dan un “suspenso” ao firme do casco histórico

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao domingo 28 de febreiro de 2010

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao domingo 28 de febreiro de 2010

Ante a pasividade do seu propietario, o concello de Betanzos considera a posibilidade de expropiación da "Casa Gótica"

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao sábado 27 de febreiro de 2010

Recorte do xornal "El Ideal Gallego" correspondente ao sábado 27 de febreiro de 2010

Recorte da edición dixital do xornal  “La Opinión” correspondente ao venres 26 de febreiro de 2010

Recorte da edición dixital do xornal  “La Opinión” correspondente ao venres 26 de febreiro de 2010