Betanzos by "edicions espontaneas"
En 2005 Toni García funda Edicións Espontáneas xunto a Yolanda Somoza, coa que comparte estudo desde 2004.
Os dous son titulados pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, e gozan dun amplo e meritorio currículum.
Segundo din os seus propios socios fundadores, Edicións Espontáneas nace para a difusión da Arquitectura desde un punto de vista social, recomendable tanto para os entendidos do tema como para a xente que non teña unha formación nese campo
O video que vos presentamos, sen centrarse exclusivamente no casco histórico, ofrece dun xeito máis xeral, a súa particular visión sobre o urbanismo pasado, presente e futuro de Betanzos.
Lugares e xente coñecida, opinando sobre o seu entorno e o seu xeito de vivir, ás veces dunha maneira tan evidente e rotunda como cando di unha das entrevistadas: "Betanzos é a cidade onde nacín, onde vivo e onde quero vivir..."
Seguro que provocará un san debate, xa que sen dúbida, é unha das súas finalidades.

Con esa mesma sa intención poñémosvolo para que o disfrutedes.
2 Comentarios:
Noraboa por este blog, totalmente novo para min.
Visitareino a miudo.
Un saúdo.
Vivimos en Betanzos!
Os meus parabéns tamén.
Saúde e sorte.
Publicar un comentario