Nova convocatoria de axudas para a rehabilitación de vivendas no casco histórico
APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS Á REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO, OBXECTIVOS 2009-2010
Seguindo coa intención de manter informada á cidadanía acerca das posibles axudas á
rehabilitación de vivendas do noso Casco Histórico, a Asociación faise eco do anuncio aparecido na edición impresa do xornal La Voz de Galicia do día 4 de febreiro de 2010, onde se anuncia a APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS Á REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO, OBXECTIVOS 2009-2010.
Estas axudas van dirixidas a propietarios e/ou inquilinos de vivendas do noso Casco Histórico e zona de protección. Recóllense nesta convocatoria actuacións encamiñadas á Rehabilitación de vivendas, restauración de fachadas e carpinterías e a mellorar, entre outras, condicións de accesibilidade, protección contra incendios, ornato e salubridade, estanqueidade, seguridade estrutural, instalacións, etc.
O PRAZO para a presentación de solicitudes son os meses de FEBREIRO E MARZO e será necesario achegar a seguinte documentación:
- impreso de solicitude cumplimentado e asinado
- fotocopia/s compulsada/s do NIF de solicitante/s
- documento acreditativo da titularidade da vivenda
- declaracións responsables sobre o uso da vivenda e outras solicitudes efectuadas
- fotocopia da declaración da renda da unidade familiar do ultimo ano
A información sobre estas axudas pode atoparse na Oficina de Rehabilitación situada na planta baixa do Concello na Praza da Constitución, que deberá informar con precisión sobre as mesmas.
NORMATIVA APLICABLE:
- Convenio de colaboración entre o Ministerio de Vivienda, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Betanzos.
- Ordenanza municipal reguladora das axudas á rehabilitación de vivendas (BOP nº 260, do 12 de novembro de 2003). http://bop.dicoruna.es/bop/2003/11/12/11425-x.htm
Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos |
|
Publicar un comentario