AMIGOS DO CASCO HISTÓRICO ESIXE AO CONCELLO MEDIDAS CONTUNDENTES PARA GARANTIR A SEGURIDADE
O pasado día 2 de febreIro reuniuse unha representación da nosa Asociación coa Alcaldesa e o Concelleiro de urbanismo para repasar as últimas accións promovidas tanto pola Asociación como polo Concello en relación co noso Casco Histórico.
Esta reunión veu precedida da lamentable caída da vivenda da rúa dos Sombreireiros e marcou boa parte do contido da mesma.
A nosa intención foi recabar información tanto sobre aquelas iniciativas presentadas pola Asociación como aquelas anunciadas polo goberno municipal en disitintos medios. Así mesmo, falouse sobre futuras accións de cara a este Ano Santo. |
Comezouse falando sobre as notificacións de vivendas en estado de perigo para a seguridade pública presentadas pola Asociación no seu día. Entre elas, desafortunadamente estaba a vivenda da rúa dos Sombreireiros e nesa liña a Asociación insistiu na necesidade de empregar medidas contundentes en situacións extremas coma a referida, mesmo chegando a execucións subsidiarias en caso de omisión. Neses termos o Concello comunicounos que ía comezar coa execución subsidiaria das obras de consolidación das edificacións adxacentes á demolida, en caso de desatenderse o requerimento previo. Tamén se nos adiantou que de agora en adiante, os requerimentos con aviso de sancións e execucións subsidiarias ían ir en aumento debido á situación á que estamos chegando.
A continuación preguntamos sobre outra das reinvindiacacións da Asociación, a licitación do Albergue de peregrinos, anunciada en Consello da Xunta de 26 de novembro, para fináis de ano. Anticipóusenos que no prazo dun mes publicaríase dito anuncio. Dando por boa esta resposta polo momento, a Asociación fixo fincapé en que no caso de non producirse dita publicación, esixiríamos, xa de modo máis firme, o cumprimento do anunciado.
Sobre a posibilidade de ubicar unha Oficiña de Información ao peregrino na Ponte Vella, tal e como propuxemos dende a Asociación, recoñecéusenos a dificultade de dotar de personal para ese posto. Falamos da posibilidade de empregar voluntariado e insistimos na idoneidade da proposta sobre todo cara aos meses centráis do ano.
Con respecto a aquelas iniciativas anunciadas anteriormente polo goberno municipal, quixemos coñecer, sobre todo, en que estado estaba a compra de inmobles por parte da administración autonómica. Contestóusenos que se remitiran as diferentes ofertas en poder do Concello ao IGVS para comezar a negociación cos disitntos propietarios. Esperamos que en vindeiras datas esto teña os seus froitos e nese sentido seguiremos expectantes.
O outro anuncio municipal polo que preguntamos foi o referido á reparación dos Arcos e Portas de entrada ao Casco e sobre todo a retirada de cableado das mesmas, obxecto de petición de subvención á Diputación. A resolución desa solicitude, está prevista polo Concello para datas próximas. |
Xa de cara ao Ano Santo insistimos na necesidade de programar visitas guiadas ao Casco Histórico, tanto para escolares como para calquer cidadán, incluso con periodicidade fixa nos meses de verán. Respecto á organización de actividades culturáis dentro da programación do Xacobeo non se nos anunciou nada concreto, se ben sí se falou de que o Concello ía recibir fondo para organizar actos destas características. Insistimos na idoneidade do noso Casco para celebrar este tipo de eventos, tanto pola súa singularidade como pola súa oportunidade.
A Asociación, como representación dun incipiente movimento de concieciación social sobre o valor no noso Casco Histórico, aproveitou a reunión para trasmitir a esixencia de ter información de primeira man, de agora en adiante, sobre aquelas actuacións ou obras a acometer no mesmo.
O encontro rematou, tras 3 horas, cun recordatorio, que facemos extensivo a tódo-los partidos políticos, sobre a necesidade de que o noso Casco Histórico teña, sempre, unha presenza prioritaria na axenda política dos nosos gobernantes.
E nesas seguiremos.
2 Comentarios:
Si moito non me equivoco con esta señora o de sempre moito bla,bla,bla,..."sonrisita de rigor y si te he visto no me acuerdo". Polo demais voa vontade da Asociación e nada concreto. Eche o que hai ate o 2011.
Son opinións, todas elas moi respetables.
Outros xa temos decidido hai tempo deixar esa postura cómoda e pasota de "todo criticar" e "non facer nada", e estamos facendo o que podemos.
Recórdolle a vostede que a Asociación Amigos do Caso Histórico de Betanzos, está permanentemente aberta a calquera opinión, idea ou suxerencia que poidera aportar vostede.
Moitas grazas.
Un saúdo.
Publicar un comentario