domingo, 28 de junio de 2009

Amigos do Casco Histórico mantén vivo o debate sobre a situación do casco

Alédanos ver que os nosos esforzos para que non se esqueza, aínda máis, o estado do casco histórico brigantino, teñan repercusión tanto nos medios coma na xente que se implica comentando ou dando a súa opinión. Esperamos que isto sexa o comezo dun movemento aínda maior que axude a mellorar o estado xeral da nosa cidade e en particular do casco histórico.
Grazas pola vosa axuda e agardamos seguir contando coa vosa colaboración.

Publicado o 28 de xuño

Amigos do Casco Histórico “remove” o debate sobre a situación do barrio

A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos da os seus primeiros pasos. Ao nacemento de www.betanzoshistorico.com súmase a convocatoria, con carácter extraordinario, da primera asamblea xeral de socios, para o martes 30 de xuño, as 20.30 horas. A reunión, terá lugar na Aula de Cultura de Caixa Galicia, no Cantón de San Roque.

En canto a www.betanzoshistorico.com, o obxectivo é mover o debate entre os residentes e ofrecer un punto de encontro onde verter ideas e posturas. Así, a Feira Franca Medieval, o Camiño Inglés ou as obras no palco da música son temas de discusión dos seus visitantes, que, ademais de opinión, dan resposta e formulan medidas, de protesta, mobilización ou agradecemento.
 
Preme na imaxe para ver a noticia ampliada

Sexa vostede o primeiro en comentar

Publicar un comentario