viernes, 12 de junio de 2009

Concerto fundación CIEC

Hoxe venres 12 de xuño ás 20.30 horas na Casa Núñez, Sede da Fundación CIEC de Betanzos terá lugar o concerto de 2uS dentro no ciclo ESPAZOS SONOROS

O gurpo está formado por Fernando Abreu (clarinete en Bb, A, Eb e clarinete baixo) e Pablo G. Carrera (guitarras acústica e eléctrica)

2uS (Dous)2uS lese “dous”. Simple. Porque son dous músicos. Dous instrumentos reflectidos o un no outro coma nun espello. Dúas procedencias diferentes que converxen nun mesmo punto: visións diferentes pero complementarias. Unha dobre personalidade de son acústico e eléctrico, temas libres e outros máis melódicos e elaborados. Porque a aventura de Fernando Abreu (clarinete, membro do cuarteto Caramuxo e colaborador, entre outros, de Mercedes Peón, Sete Saias, Es un Árbol…) e Pablo Carrera (guitarra eléctrica en Dr. Harapos) se nos adianta con toda unha declaración de intencións: en Só son sons non hai que tratar de buscar razóns teóricas, senón deixarse levar pola sonoridade e gozar a música dun xeito máis sensorial e menos intelectual. Música instrumental con amplas influencias do jazz, do funk, da música contemporánea, da world music...2uS (Dous)


2uS achéganos unha fórmula musical moi próxima ao concepto actual de jazz europeo: hai improvisación, pero tamén elementos e influencias do amplo espectro de estilos musicais que comparten ambos os músicos.

Sexa vostede o primeiro en comentar

Publicar un comentario