martes, 30 de junio de 2009

Nova imaxe da asociación

Hoxe, con motivo da primeira Asamblea Xeral de Socios, comezamos a remodelar o noso blog, usando os debuxos que moi xentilmente nos cedeu o deseñador gráfico betanceiro Luís Galán. Esta remodelación durará uns días máis para coordinar tódalas cores e seccións, así que se algúns dos cambios blog non o creedes axeitado, por favor comentádeo.

No logotipo para a asociación, Luís transforma unha porta entreaberta da antiga muralla que pechaba o casco histórico no H e no B que forman as iniciais do blog.



Na cabeceira do blog podedes ver outro dos seus debuxos onde sobre unha vista do perfil do casco histórico se recortan as igrexas de Santiago, Santa María e San Francisco.




Se queredes coñecer maís dos deseños de Luís Galán podedes visitar o seu blog "dibujar me está matando” onde poderedes ver entre outras cousas, os carteis correspondentes a esta e outras educións das Feiras Medievais de Betanzos.


3 Comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa pola nova imaxe!
A única suxerencia que me gostaria facer é que buscarades outro fondo ao blog porque este verde é un pouco forte e mata un pouco á vista se estás a mirar o blog un rato.
Un saúdo e moito ánimo!

admin@betanzoshistorico.com dijo...

Admitida por completo a suxerencia.
O fondo xa non pode ser mais escuro.
Un saúdo e moitas grazas.

Anónimo dijo...

Grazas a vos por escoitar as suxerencias! Iso si que é un cambio! (se os politicos tomaran nota)

Publicar un comentario