jueves, 25 de junio de 2009

Betanzos asume a presidencia do Consorcio do Camiño Inglés

Publicado o de 25 xuño de 2009


Faraldo asume a presidencia do Consorcio do Camiño Inglés
A alcaldesa, María Faraldo, espera que Betanzos poida contalo próximo ano co albergue de peregrinos que a Xunta constrúe no casco histórico “tendo en conta a importancia destas instalacións nun ano como o que ven, coa celebración do Ano Santo Xacobeo”. Faraldo explicou que éste foi un dos puntos analizados durante a reunión do Consorcio do Camiño Inglés, que integra a 18 municipios e a presidencia do cal corresponde agora ó Concello de Betanzos.


O Camiño Inglés tamén existe
O consorcio que aglutina ós municipios polos que discurre a ruta xacobea, que une Ferrol e Santiago, prepárase para o Ano Santo.


Betanzos asume a presidencia do Consorcio do Camiño Inglés coa intención de impulsa-la ruta
O Consorcio do Camiño Inglés, formado por 18 municipios, reuniuse en Betanzos, concello que asume a presidencia, para analiza-la situación actual do Camiño e planxear unha serie de accións e actuacións a desenrolar durante os próximos meses para prepara-lo próximo Ano Santo.

Preme nos enlaces para ver a noticia ampliada

Sexa vostede o primeiro en comentar

Publicar un comentario