jueves, 4 de junio de 2009

Betanzos Virtual, a guía de Betanzos decana na rede

 

Hoxe presentámosvos unha nova páxina para engadir á nosa sección de ligazóns ou enlaces.

Trátase de  Betanzos Virtual, unha guía online da Cidade dos Cabaleiros e un verdadeiro clásico para todos aqueles que hai tempo buscamos datos sobre Betanzos na rede.
Case con toda probabilidade Betanzos Virtual sexa a guía decana no internet de Betanzos, xa que cremos que está activa desde o ano 1998.

A páxina corresponde a un "deseño de mocidade" de "leoplus", xove, e tamén veterano valor, da blogosfera brigantina, e malia os seus moitos anos e da súa escasa actualización, segue cumprindo perfectamente co seu labor informativo e divulgativo de Betanzos, e aínda se segue vendo de moi bo grado.



Como non podía ser doutro xeito, en Betanzos Virtual hai un apartado dedicado  especialmente ao "Casco Antigo" con descricións e fotos dos seus principais monumentos e lugares.

Que a disfrutedes!

Sexa vostede o primeiro en comentar

Publicar un comentario