jueves, 19 de noviembre de 2009

ALBERGUE DE PEREGRINOS: “NI ESTÁ NI SE LE ESPERA”

     Foi unha noticia recibida con grande alegría: a Xunta de Galicia ía rehabilitar un inmoble do noso Casco Histórico para destinalo a albergue de peregrinos (La Voz de Galicia, 5 de xaneiro de 2008). Sen lugar a dúbidas era un anuncio que facía coincidir varios aspectos primordiais para o despertar do noso maior activo patrimonial. Por un lado, promovía unha rehabilitación dun inmoble singular e por outro supoñía un elemento de certa dinamización comercial e turística, sobre todo de cara ao Ano Santo 2010 e máxime tendo en conta que o próximo ano xubilar será para o ano 2021.

Proxecto de Albergue de Peregrinos en Betanzos - Estado das obras a novembro de 2009

     Este xeito de falar en tempos pasados é intencionado, máis non é nostálxico. É de rabia. Rabia por pensar que o que podía supoñer un arranque de investimentos en equipamentos no noso Casco Histórico non era máis ca un propósito de intencións que semella quedou neso: intencións.

     Parecía que as obras empezaran. Pero non. Foron uns traballos de limpeza e baleirado para poder facer un levantamento riguroso dun estado previo, fundamental en calquera proxecto de rehabilitación. Era un bo comezo, pois a urxencia de iniciativas públicas nunca pode estar reñida cun traballo ben feito que, como todo, leva o seu tempo. Pero parece que ahí quedou todo.
Proxecto de Albergue de Peregrinos en Betanzos - Estado das obras a novembro de 2009 Proxecto de Albergue de Peregrinos en Betanzos - Estado das obras a novembro de 2009
     A día de hoxe, cónstanos que ese ansiado proxecto está rematado, mesmo dende fai meses, e que incluso pode ser que teña permiso de obras. Entón, ¿qué falta? Pois falta o seguinte paso: EXECUTA-LA OBRA. O máis grave é que esa obra aínda tardará uns meses en comezar e quen sabe se non empezará nunca.
Proxecto de Albergue de Peregrinos en Betanzos - Estado das obras a novembro de 2009

     Esta afirmación non é unha pataleta de rabia infantil, tan lonxe do espíritu da nosa Asociación, senón de enfado xustificado. A día de hoxe se accedemos ao Perfil do Contratante da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, é dicir, o organismo dependente da Xunta de Galicia encargado da xestión e execución do noso albergue, obsérvase que a obra do albergue de peregrinos de Betanzos non figura adxudicada a ningún contratista, e o que é maís grave, non está nin siquera licitada, polo que non está prevista executarse en datas próximas. Si figura a obra do albergue de Dumbría, por exemplo, pero do noso…”NI ESTÁ NI SE LE ESPERA”.

     En resumo, a obra prevista non comezará, no mellor dos casos, ata comezos do 2010, xa en Ano Santo, e non estará concluida ata finales ou incluso o ano seguinte. Temos medo de que calquer día destes o cartel que anuncia o albergue e a súa cifra de inversión, desapareza e a partires de ahí ninguén se acorde de que algún día houbo intención de facer unha actuación exemplar.
 

     Os anuncios que quedan sen executar non son máis que palabras e a nosa Asociación reclama unha maior responsabilidade á hora de levar a bo fin os investimentos prometidos.

    Dende aquí esiximos que a obra do noso albergue comece XA!!

Amigos do Casco Histórico de Betanzos

2 Comentarios:

Anónimo dijo...

Pasou co albergue de peregrinos, pasará tamén co prometido auditorio, e con tantas e tantas outras cousas que irán parar á mesma carpeta de promesas e proxectos incumplidos.

Anónimo dijo...

E a recuperación do primeiro andar do mercado municipal, que iba a ser para as asociacións, e que tamén apareceu na prensa como outra gran promesa, leva o mesmo camiño. O tempo o dirá.

Publicar un comentario