O Concello de Betanzos proxecta un programa de visitas guiadas para os mozos betanceiros
O anuncio o fixo o Concelleiro Delegado en Economía, Facenda, Comercio e Turismo, Don Pablo Tomé Crespo, quen avanzou onte a súa intención de potenciar estes programas cara ao vindeiro ano.
Os itinerarios de estas rutas serán o Casco Histórico betanceiro, o Pasatempo ou ben unha combinación de ambas rutas.
A Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, aplaude esta iniciativa sobre todo tendo en conta o éxito de participación acadado pola visita guiada que esta asociación realizou o pasado domingo 8 de novembro, o que veu confirmar o interese dos nosos veciños por ampliar os seus coñecementos sobre o noso pasado e o noso patrimonio, considerando esta iniciativa como un primer paso para a programación doutras organizadas polo propio concello, e mesmo incorporando as novas tecnoloxías que todos temos hoxe á nosa disposicón: audio, vídeo, bluetooth, etc…xa sexa a través de telefóno móbil, internet, ou a descarga directa na oficina de turismo municipal, petición realizada por Amigos do Casco Histórico á nosa alcaldesa Dª María Faraldo en recente entrevista.
Recorte do xornal "El Ideal Gallego" do martes 24 de novembro 2009 |
Recorte do xornal “La Voz de Galicia” do martes 24 de novembro de 2009 |
4 Comentarios:
Aunque todo hace pensar que la idea no es propia, es estupendo que por fin el Ayuntamiento se decida a hacer algo de carácter cultural involucrándose directamente con casco histórico. Entiendo que tal iniciativa -si es que se lleva a cabo- es debida a que que culturalmente el casco histórico merece la pena y... ¿social y urbanisticamente?
Meus parabéns entón ao concello de Betanzos....
e tamén ao concelleiro Sr. Tomé implicado no caso...
home tan atarefado, que ademais de levar a Economía a Facenda e o Comercio....
tamén lle toca pandar co turismo...
Ainda que teño que confesar a miña estraneza polo prantexamento...
xa que tratándose dunha programación para nenos escolares...
boto de menos neste caso ao concelleiro de educación...
que por certo...
támén o é de cultura...
Sr.Gómez
ausente neste caso polo de agora...
O pobre....
non tería presuposto...
ou ganas...
a idea tamén a tiña...
Pero...insisto!
Os meus parabéns neste caso...
e penso que sempre deberíamos funcionar así...
a masa social propoñendo ideas...
e a clase política recolléndoas...
xestionándoas...
executándoas...
levándoas a bo término...
Non parece Betanzos!
A ver o que nos dura...
Un saúdo
Aquí vivimos!
Ogallá tamén o concello recollerá a vosa proposta de poñer unha oficina para o peregrino no arco da ponte vella. Supoño que habería subvencións para eso. Noraboa polo voso traballo.
Por fin conseguín poñer un comentario na vosa páxina. A verdade que é un pouco complicado. Non o poderiades poñer mais facil?
Publicar un comentario