As obras que se están levando a cabo na Praza García Irmáns provocan diferenza de opinións entre veciños e políticos.
As obras que se están levando a cabo na praza García Irmáns, a máis representativa de Betanzos, escaparate da nosa cidade para o visitante, e sala de estar para moitos dos nosos veciños, son nestes días tema de conversación en todos os faladoiros e fogares betanceiros.
Opinións hainas para todos os gustos, aínda que existe un denominador común para todas elas, que é a nula información que o goberno municipal facilitou sobre o que se está facendo. Ninguén parace ter na súa man o proxecto definitivo, e os que si o coñecen encargáronse de custodialo como se dun segredo de estado se tratase.
A estas alturas non se sabe nada con certeza de cousas tan fundamentais como o impacto visual que van producir as denominadas "terrazas" sobre os vetustos soportais, aínda que a información vaise dosificando a contagotas e na prensa de hoxe afírmase, aínda que con pouca rotundidade, que estas estruturas non irán cubertas. Co cal se dubida e tampouco se sabe, se se eliminarán as cadeiras e mesas baixo os soportais, e se restituirá este espazo para o uso público, como parecería razoable. Tampouco se sabe nada da ordenación final do tráfico unha vez terminada a obra, e numerosos veciños que accedían a esta praza desde a rúa dos Anxos, limítanse a "esperar acontecementos". As paradas de bus, as zonas verdes, o tipo de mobiliario urbán, etc… cada un fala do que lle interesa, son outras das incógnitas que se repiten provocando a diferenza de opinións en todas as conversacións dos nosos veciños.
Artigo do xornal “El Ideal Gallego” de hoxe mércores, 18 de novembro de 2009 |
1 Comentario:
Ista forma de actuar, chamouse toda a vida, prepotencia. Mala cousa para un partido que governa nun concello, onde nin sequera foi a lista mais votada.
Publicar un comentario