miércoles, 11 de noviembre de 2009

Entrevista na Radio Galega ao vicepresidente de Amigos do Casco Histórico, David Martínez Máquez

    O pasado martes día 10 de novembro o programa da Radio Galega "Aquí Galicia" que dirixe o xornalista Xusto López Carril, achegouse a Betanzos a realizar unha reportaxe sobre a deterioración do noso Casco Hiistórico, e entrevistou ao noso vicepresidente David Martínez Máquez, quen atendeu gustosamente aos xornalistas, esforzándose, a xulgar polas súas declaracións, en ofrecer sen faltar á verdade, unha visión positiva de Betanzos en xeral, e do noso Casco Histórico en particular.

logo_crtvg_150
xustolopezcarril_p
 
 
O xornalista Marcial Mouzo entrevista a David Martiínez, vicepresidente de Amigos do Casco Histórico de Betanzos

O xornalista Marcial Mouzo entrevista a David Martiínez, vicepresidente de Amigos do Casco Histórico de Betanzos 

     A entrevista, levada a cabo polo xornalista Marcial Mouzo foi realizada no  Adro de Santa María, dura pouco máis de sete minutos e podédela escoitar premendo no “play” do reprodutor.

O xornalista Marcial Mouzo entrevista a David Martiínez, vicepresidente de Amigos do Casco Histórico de Betanzos

6 Comentarios:

Anónimo dijo...

Si pero... hai que mollarse. Nada escoitei do tráfico caótico, nin dos aparcamentos nas zonas prohibidas, nin da Casa Gótica, nin do enlousado destrozado, nin da limpeza, nin.......

Anónimo dijo...

eu penso o mesmiño... hai que mollarse. A Casa Gótica aí está... e os betanceiros mirando para outro lado. A Rúa Santiago, outro tanto do mesmo. Só amenazas pero ningunha medida. estamos esperando a que ocorra unha desgraza?

betanceiro dijo...

Realmente foi un erro...
por parte do concello de Betanzos...
non...
mellor dito...
por parte do PP de Betanzos...
CXB paréceme que pinta pouco nesto...
nin esto nin noutra cousa...
foi polo tanto un erro do PP betanceiro...
digo...
o negarse nin sequera a estudiar a posibilidade...
de que o Concello adquirira a Casa Gótica e a Torre de Lanzós.
Por que do que se trataba era deso, que eu seipa.
Estudiar a posibilidade de adquisición por medio de acordo, ou chegado o caso...a expropiación.
E non quixeron.
E creo que tiñan os cartos...
Eles saben que esa decisión de negarse, pode ser boa para o PP betanceiro, pero non boa para Betanzos.
Pero a pesar deso non quixeron nin estudiar a posibilidade de facerse con ese patrimonio...
co que podían eliminar un problema...
e ademais, predicar co exemplo.
Pouca visión!
Pouca xenerosidade!
Un chisco tamén de inorancia.
E moita...
moita....
falta de imaxinación...
Non cren no proxecto.
Supoño que se lles diran ambos edificios en propiedade e perfetamente rehabilitados...
Ao mellor...
Tampouco saberían moito o que facer con eles.
Aí temos todos o edificio do matadero.
Vacio...
Xa ven....
Por outra banda....
démoslle á xente a posibilidade de corrixir os seus erros.
nesto ou noutra cousa...
A nova actitude do concello respecto ao aparcamento no casco vello, é de agradecer.
A ver se é certo.
Eu persoalmente xa estaba canso desa situación.
Ou se pode ou non se pode aparcar.
Ou se aparca ou non se aparca.
Eu persoalmente creo que no casco histórico non se debería permitir o aparcamento....
Pero...chegado o caso.
Estaría disposto a comprender que si se permitise... por razóns variadas ou en sitios concretos.
Pero considero que o que se estaba facendo....
era a peor das opcións posibles.
O concello estaba faltando a súa propia normativa.
Impedindo desarrollar un modelo concreto, que digo que non poida fracasar en Betanzos, pero é o que está dando resultados en outras cidades como a nosa.
E o que é peor.
Estaba....
ainda o está ahora...
favorecendo o "morrismo"
e é moi jodido
que unha administración adíquese a protexer....
ao que lle bota "mais morro".
A ver se o vamos corrixindo.
Un saúdo
Vivimos en Betanzos!

Anónimo dijo...

Y que me decís los amigos de este "caso histórico" que es Betanzos, de las obras que se están llevando a cabo en la plaza del campo. A lo mejor no es lo mas antiguo de Betanzos ni lo de más merito, pero si es lo más emblemático de nuestra ciudad. Estais de acuerdo con el diseño?. Por cierto esta obra tiene un proyecto?. Alguien lo ha visto?. Estais de acuerdo en que se tapen los soportales? O eso no es casco histórico?. Estais de acuerdo con el pavimento elegido?. Estais de acuerdo con las terrazas de madera tropical?. Estais de acuerdo con que todo el tráfico de entrada por la calle de las monjas, cañota, ángeles, tenga que salir a través de la cruz verde, una calle estrecha y peligrosa, donde también se están cayendo casas, a la nacional VI en el cruce de la feria. Compensa el "diseño" que esos miles de vecinos pierdadn todos los dias tiempo y dinero?

Anónimo dijo...

Quien les diera a los de Tallín tener unos soportales con el suelo de canterías como tenemos en Betanzos.
Seguro que si pudieran lo pondrían.
A veces valoramos lo de los demás y no sabemos valorar lo nuestro.

Anónimo dijo...

Un pueblo sin información es un pueblo sin opinión.
En cuanto a la actuación que se está llevando a cabo en el entorno de los Soportales del Campo, sentido de circulación de tráfico, etc, y ya que desde el Ayuntamiento no hay información, opino la Asociación debería exigírsela y trasladarla al ciudadano.
Como ejemplo de que el ciudadano agradece la información, está la que la Asociación distribuyó informando de las ayudas para la rehabilitación de edificios en el Casco Histórico.

Publicar un comentario