viernes, 3 de julio de 2009

¿Alguén se fixou no chan da Rúa do Castro?

Coa atención posta en todo o relacionado co casco histórico betanceiro, dándonos unha volta pola rede comprobamos que o webmaster de "El Pasatiempo" arremete hoxe duramente no seu blog contra o estado do pavimento da rúa do Castro.
Doutra banda, bastante razonablemente por certo, como todos podemos comprobar simplemente dando un paseo pola Porta da Vila. Ou sexa, que moita razón non lle falta.
"Non vou poñer fotos, polo momento, porque serían bastante vergonzosas".
Ameaza.

En fin, que seguindo o link da imaxe, podédelo ver directamente en http://elpasatiempo.org e xa me diredes.
Esperemos que polo menos alguén lle faga caso.
De calquera xeito, aproveitamos para incluír este blog, con todos os merecimientos na nosa recién estreada sección de "blogomillo betanceiro".
Moitas grazas pola súa preocupación que tamén é a nosa.
Aproveiten e curioseen un pouco no "Pasatempo". Merece a pena.

Sexa vostede o primeiro en comentar

Publicar un comentario