Seguindo co intento de resaltar ou reunir todo aquilo que estea relacionado con Betanzos e máis concretamente co seu Casco Histórico, e aínda que moitos xa a coñeceredes, hoxe queremos lembrar convosco unha páxina web que tamén imos incorporar con todo merecimiento á nosa sección de ligazóns ou enlaces. | | | Nesta páxina poderemos atopar información sobre a organización parroquial e sobre a actividade da Igrexa Católica de Betanzos en xeral, pero ademais nela, betanceiros, turistas e visitantes, poderemos consultar outros datos de interese tan útiles, como a situación de Betanzos e o mellor xeito de chegar, unha breve, pero suficiente, reseña histórica de Betanzos, ou unha guía do máis relevante das nosas igrexas, a maioría delas, como sabedes, encravadas no noso Casco Histórico. | Debida á iniciativa de D. Manuel Rodríguez Rodríguez, actual cura párroco de Santiago e Santa María, e persoa a quen lle cabe tamén o mérito de ser un dos primeiros colaboradores que tivo a Asociación Amigos do Casco Histórico de Betanzos, xa que é un dato que debe quedar para a breve historia da nosa Asociación, que as nosas primeiras reunións realizaronse no salón parroquial da Igrexa de Santiago. | | | | Por todo iso as nosas grazas e recoñecemento e, sen máis, invitámosvos a "navegar" por http://www.untia.com cousa que sen dúbida paga a pena. | |
Sexa vostede o primeiro en comentar
Publicar un comentario